terça-feira, 11 de agosto de 2009

Espertaremos

Pronto sera o espertar
Dese soño escurecido
No que teñen oprimido
O pobo de Breogan

Será un espertar de resaca
Victima do que xa pasou
Pero o que importa é o agora
E non se antes se loitou

Romperemos as cadeas
Que impon o castelan
Empregaremos as verbas
Das que falaba Pondal

E tamen lembraremos
Quen somos en realidad
Somos os fillos dos celtas
Os fillos de Breogan

So aparellando os peitos
E unindo as nosas mans
Acabaremos a loita
Vivos ademais de sans

E xa cando amaneza
Na costa de Galiza
Nacera nas nosas vidas
Outro tempo neste chan

Pero inda que fracasemos
Ceives seremos igual
A liberdade i o orgullo
Nunca no los quitaran

Sempre seremos galegos,
Saia ou se poña o sol
Eses callos dos labregos
De traballar son

Sem comentários:

Enviar um comentário